domingo, 12 de marzo de 2017

Estamos crecendo no cole!

Parece que foi onte cando chegamos a clase e xa estamos no mes de marzo! 

Durante estos meses aprendimos moitas cousas: as estacións (o outono, o inverno e xa falta pouquiño para a primavera) celebramos o Magosto, o Samaín o Día da Paz e pasámolo xenial no Entroido disfrazándonos dos Picapedra.

Tamén as nosas mascotas, Pepito e Chispita, están visitando as vosas casas e alí o pasan xenial, xa que as tratades moi ben. 

Nas nosas aulas consideramos moi importante traballar a intelixencia emocional, por iso temos o noso "Reloxo das emocións" e o "Calendario de ataques de..." o cal compartimos con vosotros a través das "Mochilas Viaxeiras" de aula.

Iniciamos os nen@s na lectoescritura a través do desenvolvemento de diferentes exercicios grafomotores e traballando, de forma lúdica, a psicomotricidade fina e grosa. 

No hay comentarios:

Publicar un comentario