martes, 24 de marzo de 2020

AULAS GALEGAS









Aulas galegas é un portal educativo realizado por un colectivo de profesores e profesoras sen ánimo de lucro que cren que ante a situación de illamento provocada polo coronavirus Covid-19 debemos ofrecer unha axuda educativa á sociedade. 
Naceu para axudar o alumnado, as familias e o resto de profesorado a atopar recursos e materiais educativos en galego. 

Unha vez dentro, podedes escoller o curso e alí atoparedes recursos para pasar as horas.

Podedes acceder ao seu portal dende aquíhttp://aulasgalegas.org/aulas-galegas-o-proxecto/


Tamén no segundo canle da TVG podedes acceder a unha programación de contidos educativos en galego. Clicade na imaxe para ter a información: 


Ánimo a todas e todos!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario