miércoles, 22 de abril de 2020

ECOLAXEIROS

Para intentar seguir todos os ritmos de traballo elaboramos unhas actividades de tipo gráfico (fichas) para aqueles que as queiran ou poidan facer. 

Son moi sinxelas, están relacionadas coa reciclaxe e coa educación medioambiental. 

Non as teñen que facer todas nun día, pouquiño a pouquiño... por exemplo: unha ou dúas ao día.

Para aqueles que non teñades impresora, as podedes copiar nun folio (especialmente as que son de contedores de reciclaxe) ou facer todas as actividades que puxemos o luns, que son moi axeitadas para traballar a psicomotriciade fina. 

Outra actividade que podedes  facer é introducilos nos conceptos: cheo/baleiro a través dos contedores de reciclaxe que temos na casa. 

Para a realización destas fichas o nen@ terá que colorear a imaxe e o fará segundo o seu nivel madurativo.

Lembrade que deben estar ben sentados e que intenten agarrar a pintura ou o lapis de maneira axeitada, aínda que algúns son moi pequenos e estamos seguras que lles custará, pero estade tranquilos que pouco a pouco o farán.

Ah, lembrádevos de poñer sempre o seu nome, nesta ocasión na parte traseira da ficha, excepto a portada que se escribe na parte dianteira.

Moito ánimo. Patri e Loly



                                                                                                                     Preme na imaxe

No hay comentarios:

Publicar un comentario