miércoles, 15 de abril de 2020

GRAFÍA DO NÚMERO 1


Bo día! Xa sabedes facer o número 1? Hoxe toca traballar un pouquiño máis...se clicades nel, os levará a un enlace do drive, onde Loly e Patri subimos unhas fichas para facer na casa. 

Son moi sinxelas, trátase do número 1 ao que relacionamos con diferentes imaxes asociadas ao coronavirus, para que deste xeito sexan máis significativas para eles. 

Non as teñen que facer todas nun día, pouquiño a pouquiño... por exemplo: unha ao día.

Para aqueles que non teñades impresora, as podedes copiar nun folio, ou facer todas as actividades que puxemos onte, que son moi axeitadas para traballar a psicomotriciade fina.

Para a realización destas fichas o nen@ terá que colorear a imaxe e repasar o número. 

Cada nen@ o fará segundo o seu nivel madurativo: algúns repasarán con pintura de dedos os puntos e outros o farán con lapis e os que queiran tamén con rotu. 

É moi importante que inicien o trazo no seu lugar correspondente, o indicado pola frecha, e que intenten agarrar o lapis de maneira axeitada, aínda que algúns son moi pequenos e estamos seguras que lles custará, pero estade tranquilos que pouco a pouco o farán.

Ah, lembrádevos de poñer sempre o seu nome. Se a alguén non lle entra na parte dianteira, pódeo facer na parte traseira da ficha.

Moito ánimo.

Patri e Loly

No hay comentarios:

Publicar un comentario