A continuación mostrámosvos a planificación semanal de contidos a traballar en 4º de Educación Infantil e a planficación semanal das actividades dos especialistas. Estas planificacións permanecerán visibles de forma permanente na columna dereita do blogue, para que podades acceder a elas con comodidade durante todo este trimestre, pretenderán ser unha guía que vos facilite a secuenciación de contidos traballados.
Queremos volver a transmitirvos moitos ánimos e tranquilidade, xa que somos conscientes de que non todos partides das mesmas condicións e posibilidades de traballo dende casa. Tamén das limitacións dixitais de moitos de vós.
Por iso todas as actividades que poñamos neste blogue son propostas de aprendizaxes voluntarias que cada familia debe adaptar as súas circunstancias. Nós, simplemente, intentamos atender aos diferentes niveis de traballo das familias. Estade tranquilos porque durante o primer trimestre do vindeiro curso volveremos a repasar todos estes contidos.
Tamén queremos volver a explicarvos a forma en que os presentaremos as contidos:
- Os luns os presentamos a planificación semanal e os propondremos diferentes actividades vivencias e manipulativas, para que os nen@s interioricen as aprendizaxes onde insistiremos na psicomotricidade fina.
- O mércores volveremos a propoñer outras actividades manipulativas e añadiremos algunhas gráficas que completarán o noso traballo.
- Remataremos a semana con diferentes propostas relacionadas coa psicomotricidade grosa, como: xogos motrices, cancións, ioga, mindfullness, ximnasia cerebral...
No hay comentarios:
Publicar un comentario