miércoles, 27 de mayo de 2020

EL NÚMERO 3

Despóis de divertirnos xogando co número 3, toca aprender como se escribe. Aínda que estamos seguras de que xa sabedes facelo cos vídeos tan divertidos da profe Isa.
Podedes empregar a aplicación CHROME WEB PAINT para que aquel que non teña impresora e así facelas directamente no ordenador
Lembrade que as fichas SON VOLUNTARIAS e teñen unha temporalización de 15 DÍAS . Isto significa que non hai que facelas todas nun día. Non vos agobiedes, non imos pedir ningún traballo á volta ao cole. .O obxectivo destas fichas é poñer á vosa disposición material suficiente para aqueles nenos e nenas que queiran, ou poidan facelas. É unha situación difícil para todos e todas e comprendemos que non é fácil, sobre todo para aqueles e aquelas que xa traballades. Por iso non é a nosa intención añadir mais tensión a situación, senón axudar e guiar, na medida do posible, o traballo tan importante que estades a facer na casa con eles. Dende aquí, Patri e Loly, aproveitamos para agradecervos a vosa axuda.

No hay comentarios:

Publicar un comentario