Bo día!
Esta semana comezamos a investigar un pouquiño sobre os animais mariños e máis concretamente sobre a quenlla. Para iso elaboramos dous vídeos.
Primeiro os pedimos que veades o vídeo explicativo que fixemos sobre os animais. Tedes que estar moi atentos porque inclúe actividades interactivas dentro del!
A continuación propoñémosvos ver o vídeo de psicomotricidade fina e facer algunha das actividades manipulativas que aparecen nel.
E que vos parece se na seguinte reunión virtual cada un amose o que fixo?
Ahh e non vos esquezades de seguir traballando as actividades sobre as vogais que vos propuxemos a semana anterior.
Lembrade que martes, xoves e venres tedes que ir a páxina principal do blogue de Educación Infantil para ver as actividades propostas polos mestres especialistas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario