miércoles, 20 de mayo de 2020

Os animais terrestres

Bo día!

Esta semana seguimos coñecendo aos animais, nesta ocasión aos animais terrestres. Como son moitísimos animais que viven en hábitats diferentes e non podemos abarcalos a todos, decidimos dividilos en dous grupos: os que viven na selva e os que viven na granxa. Para iso elamoramos un genially interactivo no que, de maneira sinxela, intentamos explicar algo significativo de cada animal. Tamén elaboramos un xogo de memory e dous xogos interactivos de animais.

Tamén vos pedimos que cos diferentes animais de xoguete que teñades na casa xogades a clasificalos: atendendo o seu hábitat ( terrestres ou acuáticos, animais da granxa ou da selva) e tamén atendendo ao seu tamaño (grande ou pequeno)

Esperamos que vos gusten e que pasedes un divertido rato xogando e aprendendo moitas cousas dos animais.

Ah! E non vos esquezades de seguir traballando o número 2 e as secuencias lóxicas da semana pasada!

Saúdos. Patri e Loly

No hay comentarios:

Publicar un comentario