jueves, 16 de abril de 2020

A IMPORTANCIA DE ESCRIBIR O SEU NOME


Ola peques!!  Hoxe os pedimos que sigades traballando co número 1.

Tamén queremos insistir na importancia de que poñan o seu nome en cada actividade, debuxo ou ficha que fagan. Porque grazas a este traballo diario os introducimos pouco a pouco na lectoescritura.

Partiremos da identificación global do seu nome, dos nomes dos seus compañeiros ou dos membros da súa familia, para logo pasar ao aprendizaxe de cada unha das letras que o compoñen.

Sería interesante que fagades na casa unha etiqueta co seu nome, como temos nas clases, para que lles sexa máis doado escribilo. Lembrade que as etiquetas que facemos nós nas aulas, levan escrita a primeira letra de cor vermello, para que sepan recoñecer a direccionalidade das palabras.

Tamén podedes facer etiquetas cos nomes dos membros da familia e así xogar todos xuntos.

Todo este traballo verase complementado se teñen escrito o seu nome en pinzas, mellorando así a psicomotricidade fina.



Non nos queremos esquecer de recalcar a importancia de que cando o nen@ esté traballando o faga nun lugar tranquilo, ordeado e que esté ben sentado na silla, xa que moitas veces adoitan posturas pouco axeitadas...

Outra idea para traballar o seu nome é facer unha botella sensorial: con arroz, bolitas e a súa inicial, animádeos, que seguro que lle gusta!!  😍😍






Saúdos. Patri e Loly

No hay comentarios:

Publicar un comentario