domingo, 19 de abril de 2020

Ola familias!

A continuación os mostramos un cadro coa planificación semanal de contidos a traballar en 4º de Educación Infantil. Tamén tedes a planficación semanal de toda a etapa no blogue principal de Infantil.

Estas planificacións permanecerán visibles de forma permanente na columna dereita do blogue, para que podades acceder a elas con comodidade durante todo este trimestre, pretenderán ser unha guía que vos facilite a secuenciación de contidos traballados.

Queremos transmitirvos moitos ánimos e tranquilidade, xa que somos conscientes  de que non todos partides das mesmas condicións e posibilidades de traballo dende casa. Tamén das limitacións dixitais de moitos de vós. 
Por iso todas as actividades que se poñamos neste blogue son propostas de aprendizaxes que cada familia debe adaptar as súas circunstancias. Nós, simplemente, intentamos atender aos diferentes niveis de traballo das familias. Estade tranquilos porque durante o primer trimestre do vindeiro curso volveremos a repasar todos estes contidos.

Tamén queremos explicarvos a forma en que os presentaremos as contidos. Os luns os presentamos a planificación semanal e os propondremos diferentes actividades vivencias e manipulativas, 
para que os nen@s interioricen as aprendizaxes onde insistiremos na psicomotricidade fina. 
O mércores volveremos a propoñer outras actividades manipulativas e añadiremos algunhas gráficas que completarán o noso traballo. 
Remataremos a semana con diferentes propostas relacionadas coa psicomotricidade grosa, como: xogos motrices, ioga, mindfullness, ximnasia cerebral...


     

Non nos queremos esquecer de darvos a noraboa pola gran labor que estades a facer dende casa. Moito ánimo e seguide así!

Patri e Loly



No hay comentarios:

Publicar un comentario